18 nov 2007

A casa da Diáspora, o lugar de Muiños


O lugar de Muiños, nas Ribeiras do Sor, a orixe da diáspora. Desta casiña saíron para todo o mundo, os irmáns.

O pai para Cuba
Unha irmá para o Brasil
Unha irmá para Francia
Unha irmá para Inglaterra

A miña abuela Lupe acabou cos anos en Santiago, morreu ahí fai un ano, sentindo a morriña infinita, a do alzheimer. Nos últimos anos nada máis existían as lembranzas das Ribeiras e Mañón. Este blog é unha homenaxe á súa morriña.

Na foto, o primeiro coche do meu pai César, da súa xuventude, dos anos 60.

1 comentario:

Yoyi dijo...

Alégrame moito ver que sentimos a mesma morriña e o mesmo cariño pola nosa terra. O que sinto cando penso en ela non podería explicalo con palabras, pero vexo que ti non tes tanto problema. Serás a voz do meu sentimento!!!!!